1 de marzo de 2015

Traballo ''Escritoras do século XIX'' Roberto 4ºA

Concepción Arenal

Nacemiento

Concepción Arenal naceu en Ferrol, en xaneiro de 1820. Quedou orfa de pai á idade de oito anos. O seu pai, Don Angel sufriu moitas veces prisión pola súa ideoloxía liberal e por estar en contra do réxime monárquico absolutista de Fernando VII. Aqueles tempos en prisión fixéronlle caer enfermo e don Angel morre en 1829.

Infancia e Xuventude

Despois da morte do seu pai, a nai de Concepción, xunto coas súas fillas: Antonia e Concepción trasládase a Madrid en 1824, a terceira filla Luísa morrera. Un ano despois da morte da súa nai, en 1842, Concepción vístese de home para poder asistir á Universidade Complutense de Madrid e tomar clases na Facultade de Dereito . Na universidade, Concepción coñece ó home que logo sería o seu marido.

Vocación Feminista

Concepción Arenal dedicou a súa pluma á reivindicación das situacións marxinadas; escribiu para que a leran, para que a entenderan, para que os sus lectores participaran nos seus ideais.Un dos aspectos máis progresistas de Concepción Arenal é súa consideración da muller como ser humano marxinado a quen hai que axudar, estimular e respetar, non en rendicións galantes, nin en modais encantadores e protectores, senón educándoa na dignidade da súa propia condición. Como escritora, Concepción Arenal elixiu o xénero e os medios máis accesibles aos lectores: o xénero epistolar e o folletín. As obras que presentan esta vocación de Concepción Arenal son:  La mujer del porvenir, La educación de la mujer, El estado actual de la mujer en España, El trabajo de las mujeres, La mujer de su casa, y El servicio doméstico.



Os últimos anos
A década dos oitenta foi máis reposada na vida de Concepción Arenal. Sobrepasados os setenta anos, vivía co seu fillo Fernando. A inicios de 1890, Concepción Arenal decidiu cambiar a súa residencia a Vigo, onde se agravaron as súas doencias. A mañá do catro de febreiro de 1893, Concepción Arenal faleceu á idade de setenta e tres anos de catarro bronquial crónico. Ao día seguinte foi enterrada en Vigo nun dos máis populosos enterros.


Actualmente,hai un monumento de Concepción Arenal en Madrid
Aquí deixo un fragmento dun dos seus poemas
EL SOBRIO Y EL GLOTÓN

Había en un lugarón
Dos hombres de mucha edad,
Uno de gran sobriedad
Y el otro gran comilón.

La mejor salud del mundo
Gozaba siempre el primero.
Estando de Enero a Enero
Débil y enteco el segundo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario