8 de decembro de 2013

LAURA1ºA, Bala Perdida



-Rosa:Tiña medo,tiña medo a que non fose el,entón calou.Acompañounos ao barco.Xusto cando o barco quería desembarcar,saltou á proa e preguntoulle a Bala Perdida,-Ti es o tío Isaac ? ,un intre de silencio deixa a Rosa con intriga,-Miña queridiña Rosa,-Xa sabía que eras ti pero tiña medo a dicircho,sempre estaremos xuntos.
Anos despois Rosa converteuse nunha auténtica Pirata e viaxou co seu tío,Bala Perdida.

 

SARA 1ºA, Bala Perdida


 Quedei mirando para Bala Perdida . Tiña moitas gañas de decirlle que era o meu tío , pero el adiantouse e díxome: -Rosa , son o teu tío - gustaríame queb viñeses  comigo para axudarme e coñecernos mellor. 
 Eu contesteille que non , xa que non podía abandoar a tía Amalia .
De súpeto Bala Perdida díxome: -Quero quedarme aquí contigo , para sempre- Púxenme moi contenta.
Quedou a traballar no Celtic News comigo e pasámolo xenial facendo historias .

DIEGO 1ºA, Bala Perdida

 

 
 
Diego Alonso Iglesias 1ºA
Rosa confésalle a Bala Perdida que coñece a súa verdadeira identidade e este dille a Rosa que el tamén sabe que é a súa sobriña. Rosa cóntalle á súa tía o paradero do seu tío Isaac e vanse vivir ao Liberdade.
Os xudeus recibiron o seu ouro e Rosa convértese na noiva de Rai, casan e teñen fillos. Agora todos forman unha gran familia, xunto a todos os piratas do Liberdade e máis o corvo Calamidade. 
 

 

6 de decembro de 2013

HAIKU SARA 4ºB


HAIKU ALBA CASTRO 4ºA

ALBA CASTRO PÉREZ 4ºA

HAIKU FERNANDO 4ºB

 

PAULA FERNÁNDEZ, 4ºA Made in Galiza


NA OFICINA DE OBXECTOS PERDIDOS

 

 

Este relato trata sobre un home que vai a unha oficina de obxectos perdidos onde se pode recuperar a lingua. Entón cóntalle á muller que está alí, que a perdeu fai uns 11 anos en verán, cando coñeceu á súa muller nunha discoteca. Polo que a secretaria busca a súa lingua, faille unha serie de preguntas como por exemplo, se tiña seseo e el dille que si. Ao final atópaa e dálla , o home moi feliz pregúntalle se ten que pagar pero ela dille que non fai falla, pero que teña coidado de non perdela outra vez, e finalmente despídense.

 

Este texto o que quere dicirnos é que moita xente deixa de falar en galego para pasarse a falar en castelán, por diversos motivos como por exemplo nesta historia, porque se dá a entender que á súa muller falaba en castelán, entón el decidiu cambiar de lingua para falar a mesma que á súa esposa, porque pensa que é mellor. Tamén se pode dar o caso de que as persoas cámbien de lingua polos prexuízos lingüísticos nos que se atopa a lingua na que falan e moitas delas vense afectadas por isto, como o galego hoxe en día. Polo que moita xente deixa de falar a súa lingua materna pola influencia que exerce outra lingua allea con máis prestixio social, como nese caso, o castelán, e pasa a ser unha lingua minorizada. Estas situacións reflicten o que está a pasar aquí en Galicia, que é un territorio no que conviven dúas linguas, o galego e o castelán, pero esta última ten más prestixio social e polo tanto emprégase nas circunstancias consideradas más importantes, mentres que a lingua minorizada, o galego, utilízase nas ocasións menos importantes, polo que en Galicia se dá unha situación de diglosia.
 Agora a xente nova emprega o castelán como primeira lingua por distintas razóns, polo entorno no que se relacionan, como o colexio. A maioría utiliza o castelán, e só  falan nas clases que se imparten en galego ou en ámbitos familiares. Actualmente os que falan galego son as persoas maiores, polo que se está perdendo a nosa lingua e hai que intentar recuperala e para iso hai que empregala. 

 

INÉS 1ºA, Bala Perdida


Olaaaa a todos os que estades ler isto! Este é o meu final:

-Adeus, amiga miña- dixo despedíndose-.
Mordin o beizo.Non puiden conter o que sentía mais tempo.
-Non te vaias! Eu quérote. Por que non quedas coa tia Adelaida? Por favor, dime que es ti, tio Isaac!- pregueille-.
Bala Perdida detívose. Deu a volta e miroume directamente aos ollos. Rompin a chorar e el tamén. Démonos unha aperta, e asi estiveramos largo tempo.
-Síntoo Rosa, pero non podo volver. Que pensaria a xente? "O temible pirata Bala Perdida na nosa vila? Non grazas." Non poderian aceptarme. Ademais, eu son un home da mar! Teño a tripulacion, a "Calamidá" e por soposto "o Liberdade"...Non podo deixalos asi...-
Eu non puiden entendelo,mais, deixeino marchar.
-Deica logo, meu capitan-.
-A voar, Ganso Salvaxe...-.
Endexamais volvin saber del.

Inés Blanco 1ºA

REBECA 1ºA, Bala Perdida

Miroume un intre e decateime de que llo tiña que dicir.Era o que me pedía ... Corrín cara el, aperteino e díxenlle: "Tio Isaac,sei quen es".
El miroume alucinado e sen saber que dicir. Ata que soltou:-"Rosa..."
Mirámonos fixamente e nos apertamos moi forte ...

Rebeca Calvar González 1°A

4 de decembro de 2013

ROI 1ºA, Bala Perdida



O que me pedía o corpo era correr cara el,abrazalo e dicirlle:
 -Es ti, tío Isaac ?
 Aínda que non puiden, xa que Rai me levaba no colo.
Así que o día seguinte escribín no Celtic News,un poema:
 Non hai ninguén
Que poida loitar
 Contra á Liberdade
 E de súpeto apareceu detrás miña Bala Perdida, que me regalou unha ''Mazá das Lembranzas'',que fai que lembres todo o que queiras. Díxenlle que a partise e a comimos os dous.
Un segundo máis tarde os dous sabiamos á verdade do meu tío Isaac.
 FIN
 Roi Crespo Almeida 1ºA

HAIKU ALBA LÓPEZ 4ºB

3 de decembro de 2013

POEMA MIGUEL 4ºA

Galego esquecido:
Un pobo entristecido
A xente reprimida
Pola perda de cultura
Pola perda dunha lingua
Un pobo entristecido
Por unha ditadura
Pola perda dunha lingua
A xente reprimida
Un pobo entristecido
Que forma un mar de bágoas
E un coro de choros
Pola perda dunha lingua
Un pobo esquecido
Que xa falar non sabe
Pola perda dunha lingua
Que xa non recorda
Isto non é lenda, non
É unha realidade
A xente aínda ten medo
De que a lingua se lle escape

Miguel Alonso 4ºA

2 de decembro de 2013

HAIKU CANDELA 4ºB


MICRORRELATO XULIA 4ºA


Camiñaba eu pola terra na que nalgún día eu era aceptada e empregada por todos os falantes. Todo comezou a finais do século XII de pai portugués e nai galega. Ao principio ,na Idade Media, todo o mundo me falaba e escribía pero ,no século XV comezaron os prexuízos e a xente deixou de falarme e estudarme .O meu pai decidiu marchar  a outro país e comezaron os século máis Escuros da miña existencia. Pero no século XIX Rosalía ,Curros e Pondal axudáronme e a xente volveu a falarme e a escribirme. Todo foi a mellor xa que en 1906 fundaron a Real Academia Galega.
En 1936 ocorreu una cousa horrible, no meu país comezou una guerra na que prohibiron a xente falar comigo pero todo solucionouse cando en 1981 e 1983 ,xa rematada a guerra,  creouse o Estatuto de Autonomía o que me concedeu a min e á miña terra dereitos que nunca tivera, tamén fixeron un Decreto de Normalización e unha Lei de Normalización que me protexen ata o día de hoxe . Tristemente na actualidade só falan comigo os habitantes do rural e as persoas de máis idade e carezo de prestixio social. Teño traballo nas escolas e institucións pero a xente prefire falar coa miña curmá xa que a xente ten moitos prexuízos contra min.
 E aquí estou camiñando por unha terra que antes me pertencía e agora teño que compartir.
 Xulia Daviña Fernández 4ºA