2 de decembro de 2013

MICRORRELATO XULIA 4ºA


Camiñaba eu pola terra na que nalgún día eu era aceptada e empregada por todos os falantes. Todo comezou a finais do século XII de pai portugués e nai galega. Ao principio ,na Idade Media, todo o mundo me falaba e escribía pero ,no século XV comezaron os prexuízos e a xente deixou de falarme e estudarme .O meu pai decidiu marchar  a outro país e comezaron os século máis Escuros da miña existencia. Pero no século XIX Rosalía ,Curros e Pondal axudáronme e a xente volveu a falarme e a escribirme. Todo foi a mellor xa que en 1906 fundaron a Real Academia Galega.
En 1936 ocorreu una cousa horrible, no meu país comezou una guerra na que prohibiron a xente falar comigo pero todo solucionouse cando en 1981 e 1983 ,xa rematada a guerra,  creouse o Estatuto de Autonomía o que me concedeu a min e á miña terra dereitos que nunca tivera, tamén fixeron un Decreto de Normalización e unha Lei de Normalización que me protexen ata o día de hoxe . Tristemente na actualidade só falan comigo os habitantes do rural e as persoas de máis idade e carezo de prestixio social. Teño traballo nas escolas e institucións pero a xente prefire falar coa miña curmá xa que a xente ten moitos prexuízos contra min.
 E aquí estou camiñando por unha terra que antes me pertencía e agora teño que compartir.
 Xulia Daviña Fernández 4ºA

Ningún comentario:

Publicar un comentario