6 de decembro de 2013

PAULA FERNÁNDEZ, 4ºA Made in Galiza


NA OFICINA DE OBXECTOS PERDIDOS

 

 

Este relato trata sobre un home que vai a unha oficina de obxectos perdidos onde se pode recuperar a lingua. Entón cóntalle á muller que está alí, que a perdeu fai uns 11 anos en verán, cando coñeceu á súa muller nunha discoteca. Polo que a secretaria busca a súa lingua, faille unha serie de preguntas como por exemplo, se tiña seseo e el dille que si. Ao final atópaa e dálla , o home moi feliz pregúntalle se ten que pagar pero ela dille que non fai falla, pero que teña coidado de non perdela outra vez, e finalmente despídense.

 

Este texto o que quere dicirnos é que moita xente deixa de falar en galego para pasarse a falar en castelán, por diversos motivos como por exemplo nesta historia, porque se dá a entender que á súa muller falaba en castelán, entón el decidiu cambiar de lingua para falar a mesma que á súa esposa, porque pensa que é mellor. Tamén se pode dar o caso de que as persoas cámbien de lingua polos prexuízos lingüísticos nos que se atopa a lingua na que falan e moitas delas vense afectadas por isto, como o galego hoxe en día. Polo que moita xente deixa de falar a súa lingua materna pola influencia que exerce outra lingua allea con máis prestixio social, como nese caso, o castelán, e pasa a ser unha lingua minorizada. Estas situacións reflicten o que está a pasar aquí en Galicia, que é un territorio no que conviven dúas linguas, o galego e o castelán, pero esta última ten más prestixio social e polo tanto emprégase nas circunstancias consideradas más importantes, mentres que a lingua minorizada, o galego, utilízase nas ocasións menos importantes, polo que en Galicia se dá unha situación de diglosia.
 Agora a xente nova emprega o castelán como primeira lingua por distintas razóns, polo entorno no que se relacionan, como o colexio. A maioría utiliza o castelán, e só  falan nas clases que se imparten en galego ou en ámbitos familiares. Actualmente os que falan galego son as persoas maiores, polo que se está perdendo a nosa lingua e hai que intentar recuperala e para iso hai que empregala. 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario