1 de marzo de 2015

Traballo. Saray Darriba 4ºA

MULLERES DO SÉCULO XIX
Filomena Dato
Ourense 1856 - A Coruña 1929

Escritora e defensora das mulleres a finais do século XIX. Deuse a coñecer gañando un premio co seu poema "En defensa das mulleres". Neste poema, recollido despois no seu único libro en galego, Follatos, Filomena Dato combina partes nas que argumenta a sabedoría das mulleres con argumentos bíblicos e históricos. Figuraban por primeira vez neste poema, mulleres galegas  ilustres de todos os tempos, como María Pita e Rosalía de Castro.

Mantivo amizade con Sofía Casanova, con Emilia Pardo Bazán e Fanny Garrido, onde compartían as súas inquedanzas feministas. E, como elas, participou activamente na vida literaria da época, como se constata, por exemplo, na súa intervención na homenaxe a Curros Enríquez feita en Ourense en 1913.

 Foi unha poeta profundamente premiada e unha das voces máis sobresaíntes do feminismo galeguista de entre séculos. De feito é a segunda escritora, logo de Rosalía, que publica un libro en galego no século XIX.

En 1906, ano da fundación da RAG, foi nomeada académica correspondente xunto con outras literarias contemporáneas.

OBRAS:

-Penumbras. Colección de poesías Establecimiento tipográfico de R. Labajos. 1880. Madrid.

-La letanía lauretana en verso , Imprenta de La Propaganda Gallega. 1887. Ourense.

-Follatos. Poesías gallegas, Imprenta de Antonio Otero. Ourense. 1891

-Romances y cantares, Imprenta de Antonio Otero. Ourense. 1895

-A la tuna conimbricense, Imprenta El Eco. Santiago de Compostela. 1898

-Fe. Poesías religiosas, Tipografía El Noroeste. A Coruña. 1911

Traballo feito por: Saray Darriba González 4ºA

Ningún comentario:

Publicar un comentario